O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, adiantou o pasado 4 decembro na presentación ante o Parlamento dos orzamentos da entidade para 2021 unha das principais novidades no apoio ao sector. Segundo anunciou, un investimento de 9,6 millóns de euros porá en marcha un hub audiovisual-industria cultural que funcione como punto de encontro para as empresas destes ámbitos no paÃs. O proxecto, que incorpora fondos do programa europeo REACT-EU para a recuperación logo da pandemia de Covid-19, quere "xerar sinerxÃas positivas no sector cultural profesional galego para que, a través dun proceso colaborativo, levemos a cabo investimentos na industria cultural que permitan incrementar as súas capacidades e acelerar a súa reactivación", segundo explicou.
O director da Agadic apuntou que a iniciativa procurará "que as empresas e os profesionais dos sectores do ámbito cultural poidan desenvolver a súa actividade nun encontro inmersivo e integral que permita establecer sinerxÃas, avanzar na transformación dixital, na xestión empresarial, no emprendemento e no coñecemento".
Sen concretar polo miúdo os subsectores nin as accións vencelladas a este proxecto, Sutil explicou que o hub buscará "financiar os mellores proxectos culturais" do paÃs para que, segundo informa a Agadic, "estes colaboren na mellora da competitividade das empresas culturais e xeren postos de traballo, ao tempo que se incentiva a creación de traballos sustentables e que integren a maior parte da cadea de valor". Como fin último, a iniciativa quere facilitar a recuperación das empresas ante a crise provocada pola pandemia.