A cultura galega e a portuguesa contará cun viveiro de empresas en Vigo

O proxecto Creativa conta cun orzamento de 1.7 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un Centro de Apoio á Industria Cultural cun viveiro de empresas; unha liña de subvencións para o apoio á coprodución cultural; un Foro da Industria Cultural (para o mes de marzo), e a edición dun catálogo cultural e unha axenda web comúns a Galiza e o Norte de Portugal son as iniciativas que compoñen o proxecto Creativa. A iniciativa contará cun orzamento de 1.7 millóns de euros e pretende fortalecer a cultura como sector industrial entre Galicia e o Norte do Portugal. A primeira iniciativa é a posta en marcha no 2010 do Centro de Apoio á Industria Cultural en Vigo para promover a investigación tecnolóxica no eido cultural.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Viveiro, Norte de Portugal