A situación das artes gráficas e escénicas pecha o foro Creativa

O encontro complementouse con concertos e espectáculos de danza e teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Vigo converteuse por uns días na capital cultural do noroeste peninsular. Creadores, xestores culturais, editores, produtores musicais e audiovisuais de Galicia e do norte de Portugal reuníronse no marco de Creativa. O encontro, organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Direccao Regional de Cultura do Norte do Ministerio de Cutura e Portugal, toca ao seu fin. O apartado de debate e mesas sectorais remata hoxe analizando a situación da industria da edición e a das artes escénicas, mentres que as citas escénicas e musicais rematan o sábado 19 con Sarlos Suárez XE e o Colectivo Soopa.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Artes Escénicas, Editores...