A sala Ártika Cultura E Arte de Vigo estrea este venres Cambio de Foco, un proxecto de investigación escénica en coprodución co Centro Dramático Galego. Durante tres días estará en cartel nesta sala esta proposta, que pretende establecer unha ponte entre a creación e o público. Cambio de foco busca indagar en como percibe cada espectador tres mostras de diferentes equipos artísticos e xéneros co mesmo punto de orixe. Para conseguilo escolleuse unha temática común, neste caso sobre diversidade de xénero e o conto escrito por Mía Couto titulado Sapatos de tacão alto. Ocúpanse da dirección e da dramaturxia Marcos Alonso, Alfredo Rodríguez e Rafael Rey que traballan baixo a coordinación xeral de Anxo Fernández. O elenco o forman Rocío Salgado, Martín Maez, Fernanda Barrio, Olga Cameselle, Alfredo Rodríguez, Rafael Rey, Mathías Rodríguez, Carlos Gallardo e Tomé Mouriño.
O texto do autor mozambicano, do que parte este traballo de investigación, aborda e destaca tamén a cuestión sobre estereotipos de xénero e, a súa vez, actitudes desviadas das conductas preestablecidas pola heteronormatividade. Os diferentes grupos de teatro que integran este proxecto abordarán , cada un deles no seu estilo, esta problemática de xénero. Como engadido ao estudo de público realizarase un coloquio posterior á cada función organizada pola asociación galega LGTBIQ+ Pvlse Aso Vigo sobre diversidade e identidade de xénero, e sobre roles e expresión de xénero. A estrea será este venres 4 de decembro ás 20:30 horas e repetiranse funcións o sábado 5 ás 20:30 horas e o domingo 6 ás 20:00 horas sobre o escenario da sala emprazada na avenida de Beiramar, 113. As entradas están á venda de forma anticipada a través da web de Ártika.