Xerpo Cultural estrea 'Casquería e outras vísceras'

Álex Sobrino e Olga Cameselle protagonizan a produción

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Xerpo Cultural estrea 'Casquería e outras vísceras'

A nova proposta escénica da compañía pontevedresa Xerpo Cultural, Casquería e outras vísceras, fala da substancia interior do ser humano, a través da linguaxe poética e dunha dramaturxia das posibilidades ofrece á espectadora un lugar para a reflexión e para acción. A proposta escénica fala da incapacidade política para detectar o talento e da única vía posible de supervivencia que é a militancia coma minoría. Álex Sobrino e Olga Cameselle son a carne desta casquería no escenario, Montse Piñeiro asina a plástica do proxecto dende o espazo escénico, a iluminación o vestiario e os visuais, Natalia Cancela o Espazo Sonoro, Jose Vaquero a axudantía de Dirección e Irene Moreira, volve dirixir e escribir este manifesto de resistencia e amor ao teatro. A obra fixo a súa pre-estrea na Sala Ingrávida do Porriño o pasado 12 de maio e a estrea foi esta pasada fin de semana na Sala Ártika de Vigo, tras unha pre-estrea na Sala Ingrávida do Porriño onde Xerpo é a compañía residente.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Porriño, Teatro, Manifesto, Sala Ártika...