A Sala Ingrávida de O Porriño ven de confirmar o seu peche inminente por motivos persoais deste espazo no que tivo cabida todo tipo de actividades coma teatro, música, circo, maxia, programación infantil ou obradoiros Nun comunicado a través da súa páxina web e das súas redes sociais, a dirección deste espazo multidisciplinar integrado na Rede Galega de Salas de Agadic, anunciou o seu peche tras seis anos de actividade, adiantando a programación coa que este mes porá a coda final do seu percorrido baixando definitivamente o pano o 4 de xullo. Os responsables do proxecto negan a relación desta finalización coas consecuencias derivadas da crise sanitaria do Convid-19 e indica que nesa razóns persoais está o interese por novos proxectos como o podcast Radio Ingrávida que Irene Moreira e Álex Sobrino xa están levando a cabo e Xerpo manterá a produción de obras de teatro, a formación teatral e a xestión cultural, pero xa fóra da Ingrávida. A programación final comeza o venres 19 e Sábado 20 ás 22:00 coa obra Microperspectivas dun marica millenial da compañía Incendiaria, para fin de seman seguinte, do 26 e 27 de xuño, a creadora andaluza Alessandra García presentará a súa proposta Mujer en cinta de correr sobre fondo negro mentres que xa en xullo a primeira fin des semana terán lugar as derradeiras actuacións na sala coa festa de despedida onde tanto venres coma sábado o Teatro Comunitario subirá ao escenario ingrávido por derradeira vez.