Tal e como estaba anunciado previamente coa presentación da temporada o programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) estrea esta fin de semana en Santiago SOMA, a nova proposta do coreógrafo e investigador Javier Martín, neste caso en cocreación co escultor e performer Joaquín Jara. As funcións terán lugar no Salón Teatro este sábado 25, ás 20,30 h., e o domingo 26, ás 18,00 horas. Os seus creadores definen a proposta como "unha experimentación escénica e matérica que se concentra no estudo do corpo e do movemento como sombra e fragmento". A peza transita por diferentes estados físicos, conceptos estéticos e calidades de movemento, disipando roles mediante esculturas, materiais, ambientes, obxectos e coreografías que se van despregando nun espazo conformado ante o espectador. En paralelo, a sede do Centro Dramático Galego acollerá desde mañá ao domingo a segunda quenda do ciclo de accións escénicas curtas Teatro Ob-sceno, cunha capacidade máxima de 15 persoas. Nas tres sesións, programadas ás 19,00 h. o venres e sábado e ás 20,30 h. o domingo, o público irá percorrendo diferentes estancias do Salón Teatro para gozar dunha peza en cada unha delas.
Neste cinclo de Teatro Obs-ceno no camerino, escenificarase Alicia morreu de sobredose, unha proposta de Rinoceronte Teatro creada e interpretada por Noelia Toledano. Pola súa banda, a biblioteca acollerá Sofía, achega unipersonal de Marta Pérez, próxima ao teatro-conferencia e realizada a partir do espectáculo da compañía Inversa Teatro Sofía e as postsocráticas que puido verse o ano pasado no escenario do Salón Teatro; e Pulso, de Teatro En-Trance, unha peza de Paula Sanmartín inspirada na figura de Neal Cassady, icona da chamada Xeración Beat.

SOMA | proceso abierto L'animal a l'esquena from javier martin | coreógrafo on Vimeo.