O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por segundo ano consecutivo o seu programa Teatro Ob-sceno, a través do que lles abre á creación artística e mais ao público diferentes estancias da súa sede no Salón Teatro de Santiago, todas elas fóra do escenario. Se o pasado ano foron os váteres e os camerinos os espazos empregados, desta volta, o ambigú, o montacargas e o gardarroupa acollerán do venres 25 ao domingo 27 dous pases diarios, ás 19,00 e ás 20,30 h., das pezas Amor de Helen Bertels, Deixa de tocala, Sam de AveLina Pérez e Barbarie en branco e negro de Josi Lage. Nas seis sesións programadas, con capacidade para 15 espectadores por representación, o público irá percorrendo as devanditas dependencias do Salón Teatro para gozar dunha peza en cada unha delas. As entradas para cada unha das sesións do ciclo Teatro Ob-sceno teñen un prezo único de 5 euros
Amor, será escenificada no ambigú por parte de Helen Bertels. Nesta peza, a creadora e intérprete alemá, vinculada desde hai moitos anos á escena galega, propón o inicio dunha busca arredor da esencia da muller, do seu saber oculto baixo séculos de patriarcado. Pola súa banda, AveLina Pérez porá en escena Deixa de tocala, Sam no montacargas. O gardarroupa do Salón Teatro acollerá Barbarie en branco e negro, performance escénica de Josi Lage, que pon en escena unha peza, creada e dirixida por Esther F. Carrodeguas, arredor dos prexuízos e pensamentos incontrolables que agochan as persoas baixo unha aparencia de normalidade.