Cancélase Acción ST, unha das propostas máis innovadoras do Centro Dramático Galego

O ciclo achegaba curtas escénicas en espazos atípicos do Salón Teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Era unha proposta fresca, diferente e, malia que só tivo unha edición, callou moi ben entre o público. Chamábase Acción ST (porque se desenvolvía no Salón Teatro) e achegaba pezas escénicas de pouca duración en espazos atípicos do teatro como o ambigú ou os vestiarios. Foi unha proposta persoal de Cristina Dominguez, directora do CDG, que explica que non este ano non se desenvolverá nas datas previstas (neste mes de xuño) motivados polo cambio de goberno. Entre outras actividades que non se desenvolverán destaca a “noite branca” programada para o 4 de xullo, coa que se tiña previsto celebrar os 25 anos do Centro Dramático Galego.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Centro Dramático Galego, Salón Teatro

Claves

Conceptos