O Salón Teatro achégase aos centros de ensino con visitas virtuais

O programa Os segredos do Salón Teatro fai parte das conmemoracións polo centenario do edificio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Como parte das celebracións polo centenario do edificio, o Centro Dramático Galego acaba de pór en marcha o programa Os segredos do Salón Teatro. Esta iniciativa propón unha serie de visitas virtuais para centros de ensino á sede da entidade en Compostela. No transcurso do percorrido guiado poderán coñecerse "o peite, os camerinos, a xastrería, a cabina de control e demais espazos que non adoitan abrirse ao público". A actividade estará aberta á participación do alumnado e ademais achegará unha aproximación á historia do teatro profesional galego, tanto a través da propia historia do edificio como do traballo do Centro Dramático Galego.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Ensino, Centro Dramático Galego...