A Sala Ártika de Vigo acolle esta fin de semana dúas novas representacións da obra musical Aladino e a lámpada marabillosa , a máis recente produción da compañía Avento Producións para o público familiar. A compañía agasallará cun cartel asinado por todo o elenco aos espectadores que acudan disfrazados. O musical baseado nun dos relatos de As mil e unha noites estará durante os sábados e domingos ata o 18 de febreiro no escenario vigués. A adaptación deste relato está dirixida por Xoan Abreu, que tamén interpreta ao personaxe do malvado Jafar e que, xunto con Jonathan Caramés, é tamén autor da banda sonora do espectáculo que tamén está dispoñible en CD. A obra conta a historia de Aladino, un bo rapaz que fai pequenos traballos para os mercadores de Agrabah co fin de conseguir unhas moedas coas que mercar algo para comer. Pero os rumores sobre o seu bo corazón chaman a atención de Jafar, o malvado visir real, que utilizará os seus enganos para obrigalo a roubar a lámpada máxica da cova das marabillas. Por outra banda, no palacio, o sultán trata de atopar un bo príncipe co que casar a súa filla, sen o consentimento desta. Dous rapaces que viven realidades moi diferentes pero semellantes á vez e que , sen sabelo, necesitáranse mutuamente. As dúas situacións dos protagonistas os unirán nunha aventura contra a orde establecida e que plantexa a pregunta : ¿Por qué, nun mundo en que todo cambia, as leis non poden cambiar?. Martín Maez interpreta ao protagonista Aladino e Rocío Salgado á princesa Xasmín, Jonathan Caramés dá vida ao xenio, Marcos Alonso ao Sultán e o elenco completase con Merchi Lago e Fernanda Barrio.