O Vº festival internacional SólODOS en Danza celebrarase en liña esta semana

Contará con artistas de Galicia, Cataluña, Andalucía, Aragón, Madrid e convidados de Costa Rica, México e Francia

2/12/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

'Ese pájaro no puede estar en esta plaza' COREOGRAFÍA GAÑADORA DE SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019 Coreografía: Violeta Iriberri

A quinta edición do Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos SóLODOS EN DANZA/OURENSE terá lugar entre os días 3 e 5 de decembro en Ourense. Debido ás circunstancias derivadas nesta ocasión a programación celebrarase en liña a través de Facebook Live na páxina da Plataforma Cultural SóLODOS. Durante o Festival presentaranse seis obras de creadores novos españois, finalistas do Certame de Creación de Dúos e Solos; catro obras das compañías convidadas Peace of Mind, Colectivo Sin Par, Violeta Iriberri e Arnau Pérez; celebraranse diversos foros e serán outorgados tres premios tras a celebración da final do Certame de Creación Dúos e Solos.

Artistas de Galicia, Cataluña, Andalucía, Aragón, Madrid e convidados de Costa Rica, México e Francia compoñen a programación destes tres días. A coreógrafa e bailarina Alejandra Balboa, de Pontevedra, porá a presenza galega no certame con Vertebrata, "unha viaxe emocional na que o corpo é movido polo ruído que o habita" que xorde dunha investigación co coreógrafo Luis Marrafa. O festival e certame actúa coma plataforma de promoción xa que a coreografía gañadora do certame realizará unha xira por Costa Rica no ano 2021, ademais o Certamen Coreografico de Madrid programará unha das pezas finalistas o día 9 de decembro de 2020 no Teatro do Centro de Creación Contemporánea Conde Duque e tamén o Certamen Internacional de Coreografía Burgos New York seleccionará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza 2020.

RESUMO SóLODOS En Danza Ourense 2019 from Galicia Danza Contemporánea on Vimeo.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Ourense, Madrid, Aragón...