A pasada fin de semana o festival Festival Sólodos en Danza / Ourense 2019 deu a coñecer os premios do seu Certame de Creación de Dúos e Solos, que se celebrou na cidade entre os pasados 21 e 23 de novembro. A catalá Violeta Iriberri co seu Ese pájaro no puede estar en esta plaza fÃxose co premio principal, que inclúe unha xira por Costa Rica. Pola súa banda, Efecto Siam, do Colectivo Sin Par, Lara Misó e Wilma Puentes conseguiu os Premios Xove e mais o do público que asistiu ao evento. Pola súa banda, Phase, de Mario Gónzalez foi recoñecido co premio que o sitúa como finalista no Certame Intenacional de CoreografÃa Burgos-NY.