Un certame trae de xira a Galicia á compañía mexicana Pájaro Mosca Danza Contemporánea

Verase nos festivais Corpo(a)terra en Ourense e no de gorra de Circonove en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O parque de Barva de Heredia (Costa Rica) acolleu esta fin de semana un certame de creación coreográfica de danza contemporánea. Unha cita que ten unha conexión galega, xa que está organizada por SólODOS, compañía formada pola galega Maruxa Salas e Eick Jiménez, con produción de Víctor López Carbajales. O certame tivo como gañador a coreografía Diagrama da traxectoria do Sistema de Lorenz de Noemí Sánchez e Elisa Medina da compañía Pájaro Mosca Danza Contemporánea cuxo premio consiste nunha xira por España. Na relación de localidades polas que estarán figuran dúas citas galegas, o Festival Corpo(a)terra de Ourense (3-5 de xullo) e o festival de Gorra Circonove.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Ourense, Víctor López

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares