Ephimero faise co Premio do Público de Sólodos en Danza

Nacho Cárcaba obtivo o galardón do xurado do festival ourensán

A coincidir coa súa celebración e Ourense a pasada fin de semana, o festival Sólodos en Danza entregou os seus galardóns. O premio do xurado, que inclúe a realización dunha xira por latinoamérica, foi para a coreografía [Tiempo] creada e interpretada por Nacho Cárcaba. Natividad Buil, do Festival Trayectos Zaragoza e Red A Cielo Abierto / Rede de Festivais de España, Víctor López, Xerente do Patronato Municipal de Artes Escénicas e da Imaxe de Zaragoza, e mais Erick Jiménez e Maruxa Salas codirectores de Sólodos en Danza, foron os responsables da selección.


Canda a este galardón, outorgáronse tamén os premios do público e o premio xove para a coreografía Ephimero creada e interpretada por Paula Pérez Pinilla y Carmina Gimeno Lata -Cía Peace of Mind. Finalmente o Premio finalista Danza na Catedral - Bailando con Pedras que organiza o Certame Internacional de Coreografía Burgos - New York foi para a peza Cuando las aves oyen mi paso creada por Ricardo Flores e interpretada por Ricardo Flores e Diana Pinto.