Comeza a nova edición do festival Sólodos de danza contemporánea

O encontro achega a Ourense creadores de doce comunidades e catro países os días 23 e 24

22/11/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

Artistas chegados de doce comunidades españolas canda a grupos chegados de Portugal, México e Costa Rica fan parte do programa da terceira edición de Sólodos Danza. Ourense acolle os días 23 e 24 de novembro este festival de artes do movemento que integra ademais o Certame de Creación de Dúos e Solos e o Premio Xove Sólodos en Danza, así como clases maxistrais, obradoiros de formación, a incluír un para maiores de 60 anos, e encontros con creadores e creadoras neste campo. Tejido Conectivo (Andrea Amor e Miguel Ángel Punzano); Iron Skulls (Agnés Sales, Héctor Plaza, Diego Garrido, Adrián Vega e Moisés-Moe) e Cía Exire con Alba Fernández Cotelo serán os encargados de abrir o encontro ás 20:30 horas do día 23. Irene Maestre Serrano e Luis Martínez Gea; Elvi Balboa e Lucía Bocanegra; Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno; Nacho Cárcaba, Arnau Pérez e Salvador Rocher son outros dos intépretes que fan parte do programa.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Ourense, México, Portugal

Claves

Conceptos