O encontro LGx15 pon na rede os vídeos das súas intervencións

O encontro de Ideas para o Futuro da Lingua desenvolveuse este ano en formato virtual

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O encontro LGx15 pon na rede os vídeos das súas intervencións

Aínda que o evento presencial non se puido celebrar este ano por mor da pandemia, o encontro LGx15 tivo este outono unha nova xeira, desta volta en formato virtual. A iniciativa de ideas para o futuro da lingua foi colgando na canle de Youtube da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua os sete vídeos desta edición entre o 22 e o 29 de novembro. A experiencia de Ángel Carracedo coa lingua, a música pop e a normalización da man de Verto, o galego como xeito de se comunicar cos antepasados visto por Manuel Gago, o xeito de abandonar o castelán desde a visión de Laura Marín, a problemática de falar con correción desde a perspectiva de Esther Estévez, Manuel Dios e a presenza da nosa lingua no deporte e a transmisión interxeracional da man de Beatriz campos foron os contidos desta xeira.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Esther Estévez, Manuel Gago, Manuel Dios, Pop...