LGx15 completa a publicación dos seus vídeos

As intervencións do último encontro de Ideas para o Futuro da Lingua están xa dispoñibles na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
LGx15 completa a publicación dos seus vídeos

Ao longo da última semana a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua estivo a facer públicos, na súa canle de Youtube, os vídeos que recollen as intervencións do último LGx15. O encontro de Ideas para o Futuro da Lingua desenvolveuse o pasado mes de novembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela con intervencións a cargo de Javier Balea, Eira Losada, Mercé Barrientos, Inma Gil Rosendo, Manolo Maseda, Xema Varela, Ruth Caramés e o youtubeiro Aquel-e. Canda a eles, houbo unha actuación musical de Brais Morán nunha gala que conduciron Alba María e Lupe Blanco. A canle acolle tamén un vídeo resumo da última edición.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lupe Blanco, Brais Morán, Alba María, Sala Capitol...