LGx15 presenta a súa cuarta edición

A compostelá Sala Capitol acollerá o vindeiro 15 de novembro oito relatorios sobre a lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
LGx15 presenta a súa cuarta edición

Un total de oito relatorios que abordarán cuestións como divulgación científica e lingua, a autoestima no deporte e na fala, a concienciación lingüística fóra do noso país, a crianza en galego ou o emprego cultura pop para conectar coas novas xeracións. Esta é a proposta que achega a cuarta xeira de LGx15, o proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua, que se desenvolverá na Compostelá Sala Capitol o vindeiro 15 de novembro. Javier Balea, Eira Losada, Mercé Barrientos, Inma Gil Rosendo, Manolo Maseda, Xema Varela, Ruth Caramés e o youtubeiro Aquel-e serán os responsables de achegar as súas perspectivas sobre a cuestión. Canda a eles, o programa que conducirán as regueifeiras Alba María e Lupe Blanco inclúe a actuación musical de Brais Morán. As conferencias publicaranse posteriormente na rede.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Capitol, Lupe Blanco, Brais Morán, Alba María...

Claves

Entidades
Conceptos