Teo acollerá a nova edición do LGx15

Desenvolverase o sábado 9 de novembro con oito intervencións e a presenza de Os da Ría

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Teo acollerá a nova edición do LGx15

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua deu a coñecer o programa da que será a quinta xeira de LGx15. O encontro que procura "transmitir de maneira visual e entretida ideas, argumentos e propostas para influír nas actitudes e na conciencia lingüística" desenvolvarase o vindeiro sábado 9 de novembro no auditorio da Constante Liste, en Teo.

A escritora Rosa Aneiros, o produtor cinematográfico Suso López, a estudante Alba Rodríguez Carrera, a cantante Xoana, a xornalista Alba Mancebo, o dermatólogo Emilio del Río, a especialista en transmedia Dhaunae de Vir e mais o bombeiro e activista Roberto Rivas serán os encargados de achegar as súas reflexións sobre a lingua. Canda a eles, Os da Ría Íntimos achegarán a música e o humor ademais de conducir ao evento. Como é habitual, os vídeos coas charlas do evento publicaranse posteriormente nas redes.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teo, Alba Rodríguez, Rosa Aneiros, Humor

Claves

Conceptos
Lugares