Un contundente 'Futuro' é o lema co que a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) resume e presenta a que será a oitava edición do LGx15, a actividade que ofrece "ideas para o futuro da lingua". O vindeiro 27 de outubro volve á Sala Capitol de Santiago de Compostela este evento no que, a través de varias intervencións de persoas de eidos moi variado, búscase compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar as posibilidades do idioma galego de manterse vivo e prosperar en todas as facetas da sociedade.
Neste LGx15 falarase de exportación da música en galego, divulgación científica, Intelixencia Artificial, parellas lingüïsticas, turismo, dereitos lingüísticos, e xestión empresarial con conciencia de idioma, entre outras moitas cousas. O evento, para o que as entradas xa está á venda, contará con oito intervencións de 15 minutos cada unha xa confirmadas. Sabela Maneiro, unha das Tanxugueiras, será sen dúbida unha das máis agardadas co súa presentación de título "Non hai fronteiras para o galego". Tamén pasarán por esta oitava edición Pedro González Boquete, director executivo de Deleite; Guido Álvarez Parga, guía turístico; Elsa Quintas, avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística; Isaac González, enxeñeiro en Informática; Beatriz Busto, profesora de Antropoloxía Social na USC; Fátima Barros, estudante de Medicina e divulgadora científica e a parella lingüística formada por Pradorua e Fabiana Ambroa.