Chegan á rede os vídeos da última edición de LGx15

As cinco intervencións do encontro de ideas para o futuro da lingua están dispoñibles en Youtube

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Chegan á rede os vídeos da última edición de LGx15

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) completou este 17 de xaneiro a publicación dos vídeos da última edición de LGx15. As intervencións que se puideron ver no décimo encontro de ideas para o futuro da lingua están dispoñibles íntegras na canle de Youtube desta entidade.

Na gala que se desenvolveu no Teatro Principal de Santiago de Compostela o pasado 26 de outubro participaron Sole Felloza, José Manuel Menéndez, Rodri Míguez, Illa Bufarda e Bernardo Penabade, ademais de Nadie González a cargo da actuación musical. O evento en directo estivo conducido pola narradora María da Pontragha.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CTNL, Rodri Míguez, Teatro, Teatro Principal de Santiago de Compostela...