LGx15 completa a publicación na rede dos vídeos da súa última edición

Con estas son xa 65 as intervencións no encontro dispoñibles en liña

4/1/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

As seis intervencións que se puideron ver na última edición do encontro LGx15. Ideas para o futuro da lingua están xa dispoñibles na rede. A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua publicou entre o 19 e o 28 de decembro os relatorios de Paco Veiga, Carlos Airas, Magdalena Sánchez, Kiko da Silva, Fran da Lobeira e Neves Rodríguez que, xunto coa música de Xiao Berlai, conformaron a gala que se puido ver no Teatro Principal de Pontevedra o pasado 28 de outubro.

Coa publicación destes vídeos, a CTNL chega ás 65 pezas publicadas en liña con ideas de diferentes personalidades dos ámbitos da cultura e da sociedade do país sobre a nosa lingua.

Intervencións no LGx15 2023

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Neves Rodríguez, Kiko da Silva, Teatro, Teatro Principal de Pontevedra...