Carlos Ares durante a súa comparecencia
O Parlamento de Galicia reunía onte a Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19. Se ben a sesión matinal estaba dedicada a comparecencias sobre a educación con, entre outros, os reitores das tres universidade galegas, na tarde foron convocados axentes do sector cultural para poñer ante as súas señorías as súas situacións e propostas. Mamen Quintas, xerente da produtora audiovisual independente Ficción Producciones, e Carlos Ares ex-presidente da Academia Galega do Audiovisual, socio da produtora Zopilote e guionista fixeron as súas exposicións e contestaron as preguntas das representantes dos partidos da cámara. Nos dous casos as comparecencias facíanse a representación individual, xa que, malia que Ares estaba substituíndo a Berta Ojea, que non puido acudir en representación da Unión de Actores, pero no seu caso non pertencía a esa organización nin actuaba de xeito delegado de ningunha concreta, coma el mesmo quixo aclarar. A súa exposición fóra, iso si, elaborada con múltiples achegas de diversos axentes do sector cultural a nivel persoal ou asociativo, traendo as súas voces e reclamacións ante a mesa da Comisión parlamentaria.
Como experta no audiovisual á fronte dunha das produtoras máis importantes arestora de Galicia, con varios traballos en produción este ano, Quintas expuxo inicialmente a situación do audiovisual galego, coma un sector en expansión, ben posicionado a nivel estatal e cun volume de traballo importante para despois pasar a explicar as dificultades que supuxo a chegada da pandemia aos procesos en marcha, sobre todo nas fases de rodaxe de series coma 3 Caminos. A produtora foi explicando as medidas que puxeron en marcha e os protocolos que crearon para manter a produción, presumindo da enorme capacidade de adaptación amosada para non deixar caer os traballos. A produtora alcanzou a predicir que as cifras que amosará a actividade audiovisual este 2020 serán similares ás de calquera outro ano e que o sector galego, a nivel técnico, non tiña bolsas de desempregados neste momento. Quintas afirmou que as axudas públicas que serían benvidas por ela serían as de incentivos fiscais á produción e aquelas que servisen para impulsar a actividade e axudar nos gastos extra que supoñen as medidas de seguridade sanitaria, máis que aqueles dedicados a reducir perdas ou manter empresas sen actividade. Ademais a produtora sinalou a importancia das achegas que se fan desde a TVG e Agadic á produción que, segundo ela, debería alcanzar ao 30% do orzamento das producións máis pequenas e o 10% no caso daquelas máis ambiciosas. A produtora solicitou tamén por parte do Goberno galego a creación dunha Film Comissión de Galicia para captar rodaxes no país e dos lexisladores a redacción dunha Lei do Audiovisual Galego que se elaborase en concordancia coas lexislacións estatal e europea.
Declaración da Cultura coma Ben esencial
Na súa exposición, Carlos Ares tiña unha longa lista de propostas e peticións que abarcaban desde as máis inmediatas para tomar mentres dura a situación de emerxencia sanitaria ata outras de características estruturales e del alcance medio e longo. A cabalo de todos os alcances aínda que marcada polas urxencias estaría a de que o Parlamento de Galicia declarase a cultura coma un ben esencial, de primeira necesidade, ao fío do que xa ocorreu noutros países do contexto europeo. Ares tamén puxo sobre a mesa unha reivindicación de todas as actividades culturais que inclúen a exhibición pública neste momento, que é a do aumento das capacidades mínimas dos recintos culturais ata o 50%, coma no caso dos lugares de culto, para permitir a viabilidade económica de concertos, danza, teatro ou exhibición cinematográfica. Eta petición fíxose co argumento incontestable da seguridade que demostraron os actos culturais en todo momento durante a pandemia, que noi foi posta en dúbida polas representantes dos partidos, No mesmo sentido Ares reclamou a declaración de interese cultural dos espazos públicos e privados destinados á cultura e a reapertura en concreto das salas de concertos separándoas dos locais de ocio nocturno. O guionista tamén insistiu na necesidade de liñas de axudas directas aos propios creadores, escritores, músicos, guionistas, etc. Nese sentido urxíu ao lexisladores galegos a desenvolver normativamente o Estatuto do Artista aprobado por unanimidade nas Cortes do Estado en xaneiro de 2019.