Primeiros avances do Foro "Patrimonio e sociedade" do CCG

Defenden a creación dun Instituto do Patrimonio ou un Observatorio en educación patrimonial

19/11/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio

O pasado 16 de novembro, Día do Patrimonio Mundial, o Consello da Cultura Galega publicou un vídeo avance dos traballos que están a levar a cabo os expertos reunidos nas tres mesas do Foro Patrimonio e Sociedade, coordinado por Rebeca Blanco Rotea. Entre as propostas que foron avanzadas, está a creación dun "Instituto de Patrimonio e dun observatorio en materia de educación patrimonial, artellar un catálogo de bens aberto, xeolocalizado e de acceso libre para a cidadanía, o risco de primar o interese turístico por riba do patrimonial e implementar medidas éticas". O Foro leva traballando formalmente desde novembro de 2019 e os resultados debateranse en reflexións abertas en abril de 2021.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións
Compartir:


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Rebeca Blanco, Consello da Cultura Galega, Medios de comunicación