A creación dunha comisión parlamentaria sobre o patrimonio cultural no marco da Comisión Cuarta do Parlamento de Galicia, a monográfica de cultura, a é unha das propostas do Foro do Patrimonio e Sociedade celebrado no Consello da Cultura Galega entre o luns e o mércores desta semana e que sintetizou o traballo de preto de corenta voces vinculadas ao patrimonio que traballaron desde 2019. Os expertos reunidos no foro sinalaron a necesidade de "situar o patrimonio no foco das polÃticas públicas como un elemento transversal e non sectorial". Para os participantes no foro, existen competencias abondas en materia de patrimonio pero as ferramentas para cumprilas son "escasas e inadecuadas e non se desenvolveron os instrumentos fixados na Lei de Patrimonio Cultural". Destacouse a necesidade de implicar á cidadanÃa a través de "ferramentas concretas para canalizar a participación social", porque "os estudos demostran que a maiorÃa dos casos se incorporan como instrumentalizacións cosméticas de procesos participativos", segundo afirmou Teresa Nieto, arquitecta e funcionaria do corpo especial de arquitectos da Xunta de Galicia. Neste sentido, solicitaron "a creación dunha rede de centros comarcais que funcione para asesorar e apoiar a cidadanÃa nos procedementos con actuacións nestas cuestións".
O Foro destacou tamén "o traballo feito por todas as asociacións e entidades en defensa do patrimonio" e propuxeron a creación dun Observatorio de Educación Patrimonial que documente o que se fai nesta materia en Galicia e dun "Plan de Educación Patrimonial de Galicia orientado á formación patrimonial estratéxica ao longo da vida". Tras as deliberacións, este foro supón o seguinte paso dun proceso que rematará nunha guÃa práctica que se presentará no verán.