Unha Gran Burla Negra aborda os arquivos cidadáns nun encontro en liña

Os `favoritos' do trasno desenvólvese os días 20 e 21 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Unha Gran Burla Negra aborda os arquivos cidadáns nun encontro en liña

Co título de Os `favoritos' do trasno, a Asociación Unha Gran Burla Negra convoca para este venres 20 e sábado 21 de novembro un encontro arredor dos arquivos cidadáns. Segundo explica a organización na convocatoria, a iniciativa reúne "espazos, proxectos e experiencias colectivas que, dende o artístico ou o histórico, o íntimo ou o comunitario falarannos das relacións entre democracia, acceso ao saber e produción de arquivos. Dos fíos entre a memoria, a conciencia e os patrimonios, do seu goberno e activación públicas e comunais, dos seus riscos e males, da súa destrución e reinvención, do milagre de que aquelo chamado a se perder se conserve e faga dispoñible pola obra do amor e a graza dos coidados".

O Museo Carlos Maside, o traballo da Aula Castelao, a propia experiencia da entidade organizadora, a editorial Difusora, o proxecto DOAME, Redenasa.tv, os arquivos informais de humor da Televisión de Galicia en Twitter, a xestión dos montes comunais ou a Colección Abrente son algunhas das iniciativas que farán parte dun debate que contará con nomes coma Carme Nogueira, Sabela Fraga, Manuel Sendón, Lara Barros, Anxo Rabuñal ou Xurxo Ayán entre outros. As inscricións á actividade están abertas no correo actividades@unhagranburlanegra.gal.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Imaxes para lembrar Nunca Máis

Imaxes para lembrar Nunca Máis

As exposicións do proxecto Unha gran Burla Negra recuperan a memoria gráfica das mobiliacións polo Prestige