A RAG incorpora a María Dolores Sánchez Palomino como numeraria

A Academia prevé celebrar o pleno de homenaxe a Carballo Calero en decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
María Dolores Sánchez Palomino. Fotografía da RAG.

María Dolores Sánchez Palomino. Fotografía da RAG.

A catedrática de Filoloxía Románica pola Universidade da Coruña María Dolores Sánchez Palomino incorporarase á Real Academia Galega como membro numerario da institución. Así o decidiu o pleno que celebrou a entidade na tarde deste 17 de novembro. Sánchez Palomino ocupará a cadeira que ficou vacante polo falecemento do arquitecto Andrés Fernández-Albalat. A nova academia era xa membro correspondente da entidade desde 2004 e está a dirixir a revisión e actualización do Dicionario bilingüe castelán-galego, que pasará a ofrecerse proximamente en liña. A institución acordou ademais celebrar na primeira quincena de decembro o adiado pleno en homenaxe a Carballo Calero se a situación sanitaria o permite.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Calero, Carballo, Dicionario, Universidade da Coruña...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares