***Actualización 28/20/2020 13:20***
A Real Academia Galega decidiu, ante a evolución da situación sanitaria, trasladar o pleno extraordinario que tiña previsto celebrar en Ferrol a conmemorar o DÃa das Letras á súa propia sede na Coruña. Deste xeito, será o salón de actos do número 11 da rúa Tabernas o que acollerá esta homenaxe, que mantén o seu programa e que se poderá serguir no web da institución
***
Continúan as conmemoracións do DÃa das Letras, coa recuperación para a axenda de diferentes eventos que se suspenderan na pasada primavera por mor da pandemia. AsÃ, este 31 de outubro o Teatro Jofre de Ferrol acollerá o adiado pleno extraordinario da RAG que se constitúe como principal celebración oficial de Carballo Calero neste ano. A xornada, que se iniciará ás 12:30 horas, contará con intervencións de Margarita Ledo Andión, Xesús Alonso Montero, Ramón Villares e Francisco Fernández Rei sobre a vida e a obra do homenaxeado, e poderá seguirse en directo a través do web da Academia.
Ademais, a cidade acollerá, a coincidir con esta data, un maratón de lectura de traballos do autor na sala Carlos III do edificio de HerrerÃas. A actividade desenvolverase entre 11:00 E 13:30 horas de mañá e das 17:00 a 19:00 da tarde. As persoas interesadas teñen aberto o prazo de inscrición e poderán escoller o fragmento da ampla obra do homenaxeado que queren ler.
Este maratón súmase á xa anunciada lectura continuada da novela Scórpio que se celebra en Compostela o 30 de outubro, a coincidir cos 110 anos do autor. O acto, coordinado pola Associaçom Galega da LÃngua, transcorrerá no Salón Nobre do Pazo de Fonseca entre as 17 e as 21 horas coa participación de autoridades públicas e nomes da academia. A atender ás medidas contra a pandemia reducÃronse as horas da lectura, que será de treitos da obra escolleitos previamente. Está aberto aÃnda o prazo para se inscribir e participar nesta iniciativa.