O Día das Letras adíase para o 31 de outubro

A RAG retrasa o seu pleno conmemorativo no Teatro Jofre de Ferrol

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:

A Real Academia Galega posporá o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ricardo Carballo Calero, e que estaba previsto celebrarse no Teatro Jofre de Ferrol este 17 de maio. A situación provocada pola pandemia da COVID-19 levou á entidade a tomar esta decisión e reaxendar o seu programa. A nova data será o 31 de outurbro, no mesmo lugar. Isto suporá o aprazamento e unha nova ubicación de moitos dos actos previstos para maio tanto desde as institucións como polas entidades, comezando polos da propia Academia, que serán realizados á volta do verán. A RAG sinala que con esta decisión tamén pretende "prolongar a celebración do Ano Carballo Calero ao longo do último cuadrimestre deste 2020, procurando minimizar o impacto desta situación de emerxencia na celebración da gran festa da cultura galega". A entidade segue chamando a que "o 17 de maio sexa igualmente unha gran celebración colectiva, e fai un chamamento a toda a cidadanía galega para que sexa así valéndose das posibilidades do mundo dixital que tanto se están a aproveitar nestes tempos de obrigado afastamento social".

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Jofre de Ferrol, Carballo Calero, Carballo...