A RAG celebrará o pleno de homenaxe a Carballo Calero o 12 de decembro

Logo de varios aprazamentos e cancelacións, o acto celebrarase en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:

Logo do adiamento a pasada primavera e do traslado e posterior cancelación da segunda convocatoria, a Real Academia Galega celebrará este 12 de decembro o seu pleno extraordinario en homenaxe a Ricardo Carballo Calero. Desta volta, será o paraninfo da Universidade de Santiago "no mesmo edificio en que impartiu clases como primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega desta institución" o que acollerá o acto central da celebración do Día das Letras Galegas. Como estaba previsto, o encontro contará con catro alocucións sobre a vida e a obra do autor a cargo da académica Margarita Ledo Andión e dos académicos Xesús Alonso Montero, Ramón Villares e Francisco Fernández Rei. A sesión poderá seguirse en directo a través do web da RAG.

A Academia anuncia ademais que despois do pleno continuará as homenaxes ao autor coa presentación do epistolario de Carballo con Ramón Otero Pedrayo e a resolución do concurso Contádenos o voso Día das Letras.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Calero, Carballo, Xesús Alonso Montero, Ricardo Carballo Calero...