A Academia homenaxea a Del Riego en Vigo

Un pleno extraordinario lembrará o intelectual no seu centenario

22/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un pleno extraordinario no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura de Vigo será a homenaxe que a Real Academia Galega lle prestará mañá ao seu antigo presidente Franciso Fernández del Riego, a coincidir cos cen anos do seu nacemento. O evento, que comezará as 12 e media da mañá do sábado 23, contará con intervencións de Ramón Lorenzo, Xosé Ramón Barreiro, Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Axeitos e mais Malores Villaverde, que lerá un texto de Del Riego e mais un poema de Xaime Illa Couto.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Axeitos, Xosé Ramón Barreiro...