A Universidade de Santiago e a RAG homenaxean a Del Riego

A publicación Sementar os ares novos repasa os anos universitarios do galeguista

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Universidade de Santiago e a RAG homenaxean a Del Riego

A Reitoral de San Xerome,en Compostela,acollía esta mañá a presentación de Sementar os ares novos. Homenaxe da USC a Francisco Fernández del Riego. Este volume, editado por Henrique Monteagudo repasa e contextualiza os anos universitarios do galeguista, ademais de recoller un facsímile do discurso co que Del Riego abriu o curso universiario en 1933. Pola súa banda, a Real Academia Galega celebra o vindeiro sete de xaneiro, a coincidir cos 101 anos do nacemento do galeguista, o acto literario Unha Galicia vivida: homenaxe a del Riego. Xesús Alonso Montero, Víctor Freixanes, Salvador García-Bodaño, María Dolores Villanueva, Ana Acuña e Ramón Nicolás intervirán nesta homenaxe.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ares, Xesús Alonso Montero, Salvador García-Bodaño, Francisco Fernández del Riego...