A inauguración da exposición 100 anos de Del Riego e a presentación dun calendario biográfico dedicado á súa figura foron os actos cos que botou a andar, este 7 de xaneiro, o ano en que se dedica o DÃa das Letras Galegas Francisco Fernández del Riego. O presidente da Real Academia Galega, VÃctor F. Freixanes, impartiu unha conferencia no marco deste acto, no que tamén participou o conselleiro de Cultura Román RodrÃguez, a alcaldesa de Lourenzá, RocÃo López e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.
Segundo destacou Freixanes, Del Riego foi "corazón, músculo e pulmón da cultura galega" ademais de "referencia fundamental para todos nós, parte dese grupo de persoas que dende o exilio interior mantiveron acesa a dignidade e a esperanza. Todos somos fillos e continuadores deles", apuntou. A Mesa Coordinadora Don Paco, que se encarga de coordinar os actos de homenaxe que se organizan nesta localidade, foi a responsable de artellar esta primeira homenaxe.
A exposición centrada no centenario do autor poderá verse no Concello de Lourenzá ata o vindeiro mes de decembro. Está composta por vinte e tres paneis que repasan a vida e a obra do homenaxeado co acompañamento de diferentes fotografÃas e caricaturas.
A coincidir con este acto, a RAG puxo en marcha no seu web o apartado que lle dedica ao homenaxeado. VÃdeos, unha biografÃa a cargo de Ramón Nicolás, un artigo de Freixanes e unha galerÃa fotográfica son os primeiros contidos deste espazo.
O Consello da Cultura, pola súa banda, tamén publicou no seu web un apartado dedicado ao homenaxeado no que compila diferentes materiais. Textos biográficos, un epistolario, un especial sobre as súas colaboracións en publicacións da emigración, unha galerÃa fotográfica, unha selección de artigos coa súa sinatura ou diferentes audios fan parte do especial.
A coincidir co comezo do ano, a editorial Galaxia puxo xa na rúa a anunciada biografÃa do galeguista que elaborou Malores Villanueva e mais Lourenzá, obra memorÃstica que o autor dedicou á súa vila natal.