As curtametraxes de Alberto Vázquez e Álvaro Gago entran na carreira polos Goya

'Homeles home' de Vázquez e '16 de decembro' de Gago están seleccionadas para ser votadas coma finalistas

'Homeles home' de Vázquez e '16 de decembro' de Gago están seleccionadas para ser votadas coma finalistas
Fotograma de 'Homeless Home' de Alberto Vázquez
A comisión de curtametraxes dos Premios Goya 2021 ven de seleccionar as pezas que poden ser votadas polos membros da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España para optar coma finalistas na vindeira edición dos galardóns. Entre os dez títulos propostos na categoría de animación está o novo traballo de Alberto Vázquez, Homeless Home, estreado este ano no festival francés de Annecy no que obtivo o premio do xurado. Esta é a sexta curtametraxe do animador galego, que xa gañou dous Goya en 2017 na categorçía de curtametraxes de animación por Decorado e na de longametraxes de animación por Psiconautas. Os nenos esquecidos. mantén a estética escura e fantástica de outros traballos de Vázquez e conta a historia dun triángulo amoroso entre unha bruxa, un orco e un ogro coma escusa para abordar o tema da volta á terra de orixe de moitas persoas debido á crisis económica.

Entre as quince curtametraxes de ficción escollidas pola comisión para optar a ser finalistas este ano está tamén a película 16 de decembro (Ringo Media y Sombriza Films), do realizador vigués Álvaro Gago, pola que recibiu este ano o Premio Mestre Mateo do audiovisual galego na categoría de curtametraxes de ficción. Nas videiras semanas os membros da Academia poderán valorar e votar entre estas listas de curtametraxes para decidir os tres traballos finalistas en cada categoría de cara aos Goya 2021.