O Concello de Vigo financia a restauración de patrimonio eclesiástico

A Catedral de Santiago fecha seis semanas por obras

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Un total de 100.000 euros para obras de restauración, mantemento e posta en valor en inmobles da Igrexa. Este é o fondo que o Concello de Vigo achegará ao bispado Vigo-Tui en troca ao dereito do goberno local a utilizar espazos de propiedade eclesiástica para actividades culturais e participativas respectuosas coa fe e a moral católicas. As actuacións concretas vencelladas a este convenio determinaranse entre as entidades asinantes ao longo dos tres anos de vixencia do acordo, segundo informa La Voz de Galicia.

En paralelo, a Catedral de Santiago fecha a partir deste domingo 15 de novembro e ao longo de seis semanas para continuar as tarefas de restauración e acondicionamento do edificio. En concreto, neste tempo retiraranse os andamios que se empregaron nas obras do interior do conxunto, limparase este espazo e recolocaranse nos seus lugares mobiliario, imaxes e outros elementos que foran retirados durante os traballos. A intención é que o templo estea preparado para celebración o 30 de decembro da Traslatio do Apóstolo, previa á apertura da Porta Santa que se desenvolve o 31 e que dará comezo ao Ano Xacobeo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Catedral, Catedral de Santiago, La Voz de Galicia...