Estréase en Vigo a obra 'Feminíssimas' de Esther F. Carrodeguas

A autora xunto con Noelia Blanco e Stephy Llaryora protagonizan esta comedia violeta

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:
Estréase en Vigo a obra 'Feminíssimas' de Esther F. Carrodeguas

Xavier Castiñeira dirixe a Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Esther F. Carrodeguas na obra Feminíssimas que se estrea este venres no Auditorio Municipal de Vigo. O espectáculo de De Ste Xeito Producións, con dramaturxia da propia Esther F. Carrodeguas, preséntase coma unha "comedia violeta" que conta a situación de tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven e coinciden nun congreso feminista. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o feminismo. Esta é a base de Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres se analiza -dende a comedia- de que maneira as mulleres están a convivir neste novo mundo feminista. A obra inicia en Vigo coas entradas esgotadas a súa xira para despois pasar este mesmo sábado ao Teatro Rosalía da Coruña. O xoves 19 volverá a Vigo na sala Ártika e despois está prevista a súa representación en Gondomar , Narón, Sada e finalmente o 4 de decembro en Boiro.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Esther F. Carrodeguas, Comedia, Espectáculo, Humor...