A Casa Cornide, un emblemático edificio coruñés do século XVIII que hoxe pertence á familia Franco, poderÃa conter no seu interior dous arcos tardogóticos do Hostal dos Reis Católicos. Asà o expresa o profesor de Historia da Arte da USC Alfredo Vigo Trasancos no informe para a declaración BIC do inmoble encargado polo concello da Coruña. Trasancos non puido analizar persoalmente estas dúas pezas, que pertencerÃan a inicios do século XVI, xa que os Franco só permiten a entrada na casa aos potenciais compradores do inmoble, previo depósito dunha fianza. o edificio foi posto á venda recentemente. Pero a partir de fotos, Vigo Trasancos decatouse de que a decoración e o tipo de canterÃa era similar á do edificio de Santiago, no que se produciron diversas obras en 1953 que poden explicar o traslado destes arcos.