A actualidade cultural da semana está chea de movementos arredor do patrimonio cultural galego en mans da familia Franco. O Concello da Coruña presentaba este 27 de outubro o informe artÃstico sobre a Casa Cornide co que reclamará a declaración como ben de interese cultural do edificio, actualmente en venda por parte dos seus propietarios. O documento, elaborado polo investigador Alfredo Vigo Trasancos sinala o importante valor patrimonial da mansión, que, segundo o Concello, "non ten parangón en Galicia con ningunha outra obra similar polas súas formas francesas e próximas á estética filo rococó". No mesmo sentido, unha marcha percorrerá a cidade este sábado para reclamar que o monumento sexa recuperado para o patrimonio público.
A Xunta e mais o Concello de Santiago, pola súa banda, presentaron o comité de oito especialistas que "analizará as últimas evidencias en torno ás estatuas de Abraham e Isaac, atribuÃdas ao Mestre Mateo, e valorará liñas de acción conxuntas de cara a súa recuperación para o dominio público". Emilio GrandÃo, profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago, presidirá este grupo de traballo, que conta cos letrados da AsesorÃa XurÃdica da Xunta Isabel Novo Castro e Guillermo Folgueral Madrigal, o exdirector da AsesorÃa XurÃdica do Concello de Santiago XoaquÃn Enrique Monteagudo, o actual director, Manuel CutrÃn, e o catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña (UDC), José Manuel Busto Lago. Farán tamén parte do mesmo o director de Proxectos Culturais e ArtÃsticos do Real Colexio Complutense de Harvard, Francisco Prado-Vilar, e o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, canda a unha representación da AvogacÃa do Estado.
O comité pretende "avanzar de xeito conxunto entre as distintas administracións" para reclamar que as pezas, en mans da familia Franco, volten ao dominio público, e deberá "analizar a nova documentación atopada, defender a protección patrimonial das estatuas e acadar acordos que resulten beneficiosos para a cidadanÃa a través dun labor serio e rigoroso".
Finalmente, o ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo anunciaba este 28 de outubro que o Goberno de Madrid solicitará a execución provisoria da sentenza que lle volta ao estado a propiedade do Pazo de Meirás, de xeito que sexa a Administración Pública e non a familia Franco a que xestione este monumento. Ademais, adiantou que o Goberno traballa tamén na impugnación do recurso que a familia presentou contra a sentenza que lle retira a propiedade do ben. Tamén o Concello de Sada presentou xa a súa reclamación ante este recurso.