A celebración da feira Culturgal 2020 mantense na axenda do ano para os vindeiros 27 a 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, pero non se puido evitar que as actuais circunstancias e os niveis de restricións sanitarias afectaran ao seu desenvolvemento. Desde a organización da feira veñen de comunicar que o evento terá que prescindir da habitual presenza de postos no recinto feiral de Pontevedra, mudando completamente o seu formato habitual, baseado na presenza no recinto da oferta cultural e a asistencia do público. O evento disporá, aÃnda asà de 5 escenarios de programación de presentacións e actos, que estarán distribuÃdos polo edificio do pazo da Cultura e que acollerán unha programación que será retransmitida en liña, ademais de poder ser presentada ante o público permitido nas medidas que nese momento estean vixentes. Asà dentro do recto habitual estará situado o escenario dedicado o libro e ao público infantil; na Sala de Exposicións se levarán a cabo as actividades do Foro; a música e o teatro terán o espazo Escena no Auditorio, mentres que o audiovisual presentarase no Salón de Actos, neste último espazo sen retransmisión en liña. O cambio a estes termos do formato implicou para organización da feira un intenso traballo de comunicación coas empresas e entidades que reservaran o seu posto este ano. A organización traballou desde agosto na redución porcentual de capacidade presencial en base á á previsión de que tras o pico do comezo de outono, a situación sanitaria estabilizarÃase cara novembro-decembro, cousa que claramente non está a ocorrer. As medidas sanitarias establecen capacidades máximas a dÃa de hoxe, para espazos pechados de 60 persoas (100 cunha autorización especial da Xunta). A feira das industrias culturais reunÃa o pasado ano 14.000 persoas na súa XIIª edición.