
A organización da Feira, coa dirección de Xosé Aldea, subliña que Culturgal é un instrumento ao dispor de todos os axentes envoltos na actividade cultural do paÃs: empresas, entidades, profesionais, creadoras e creadores, que en 2020 están a padecer as consecuencias da crise co cese de actividades, coa cancelación ou adiamento de programacións e, ademais, cun previsible descenso do consumo cultural por parte do público a curto e medio prazo. "Por esa razón levamos xa uns meses en conversas tanto coas empresas que participan habitualmente na Feira con stands e programación, como cos nosos patrocinadores institucionais. A clave é como podemos axudar ao sector, que podemos ofrecer nun ano tan complexo, como aliñearnos cos obxectivos de todos os colectivos da cultura e como podemos contribuÃr a esta reconstrución", sinala Xosé Aldea. "A actividade cultural no só se manifestou como unha fonte fundamental de recursos para toda a sociedade durante o tempo de confinamento, senón que artella espazos de encontro e experimentación na consecución dunha sociedade máis sostible, xusta e crÃtica. En Culturgal témolo claro, de aà o noso lema 2020: En caso de emerxencia, cultura", recalca o director da Feira. A imaxe gráfica deste ano é da autorÃa do estudio de deseño compostelán Ekinocio, composto por dúas socias de DAG (Asociación Galega de Deseño).
Patrocinios e proxecto conxunto
A implicación xenerosa e cómplice das asociacións gremiais que forman parte da Asociación Culturgal, presidida por Victor López, refórzase máis se cabe en 2020: a Feira está organizada por AGE (Asociación Galega de Editoras), AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), Eganet (Empresas Galegas Adicadas á Internet), AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) e Escena Galega. A conversa continuada nos últimos meses coas institucións patrocinadoras da Feira é fundamental nesta edición marcada pola COVID19. A Xunta de Galicia, a través de Agadic, é un ano máis o patrocinador principal da Feira; ademais, o apoio do concello de Pontevedra e das deputacións provinciais de Pontevedra e da Coruña, cos que a organización está traballando desde hai meses, será un importante piar para esta cita.