Olga Mesa presenta na sala compostelá seu espectáculo de danza Daisy Planet

Bailando na Nasa

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Unha danza en solitario, acompañada de texto e de imaxes fara falar do amor. Ese será o espectáculo que ofrecerá a coñecida bailarina e coreógrafa Olga Mesa esta mesma noite na sala Nasa.

Olga Mesa

Logo de estudiar danza clásica e contemporánea e de formarse en música en España, Francia e Nova York, Olga Mesa creou a súa propia compañía en 1992, acadando recoñecemento internacional. Esta mesma semana, ademais de actuar, tamén está a impartir un taller na escola de danza Espacio Aberto de Compostela.


Actuación na Nasa

As dez da noite será a hora na que Daisy Planet comeze na Nasa. A peza, creada en 1999 por encarga do X Festival A Alternativa é, segundo a artista, "unha carta de amor ficción sobre a idea do amor como corpo presente. Ademais da danza, a obra integra elementos de narrativa audiovisual e texto, buscando a reflexión do público.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Espectáculo, Sala Nasa, Narrativa...