Tristán Ron debuta na BD con O navegante

A obra achega a persoal visión do autor sobre a historia da Sala NASA

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Tristán Ron debuta na BD con O navegante

Un repaso á historia da compostelá Sala NASA a través dos ollos de quen medrou nela. Esta é a proposta de O navegante. Unha viaxe a bordo da sala NASA, novela gráfica coa que Tristán Ron, nado en 1998 en Santiago, debuta na banda deseñada.

A obra parte da propia experiencia do autor como fillo dun dos membros do grupo Chévere, que xestionaba o local, e dos seus primeiros anos mergullado na actividade deste espazo artístico. Para alén de vivencias persoais, Ron reconstrúe as orixes e a evolución do proxecto cando se fan 30 anos da súa posta en marcha en 1992.

A obra, publicada por Chévere, está a venda por 18 euros e o seu lanzamento fai parte dos actos polo 35 aniversario da compañía.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: Sala Nasa

A Sala Nasa legaliza a súa situación administrativa para continuar coa súa actividade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Nasa, Banda deseñada, Chévere

Claves

Conceptos