Os cambios de xénero protagonizan o regreso de Chévere á escena

A montaxe estará en cartel na Sala Nasa ata marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Despois de cinco anos, Chévere volve a casa, á Sala Nasa, para presentar Testosterona. Un espectáculo que reflexiona sobre a identidade e a construción de xéneros a partir das historias de Tito e de Fran, dous colegas que acaba de montar un grupo de punk-rock. Fiel ao seu estilo habitual, Chévere propón un espectáculo que contará con música en directo, perfomances, comedia, vídeo pero, sobre todo, moito teatro. O espectáculo, que comezou a prepararse no verán de 2008, estréase esta noite e estará ata marzo na Sala Nasa (de xoves a domingo).

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chévere, Sala Nasa, Espectáculo, Xénero...