A Sala Nasa crea a súa rede de televisión

RedeNasa.tv conta con 600 horas de gravacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

As “ultranoites” son o nome dun formato de espectáculo creado pola Sala Nasa na que se caracterizou por unha grande improvisación e contacto co público. Precisamente, nun destes encontros celebrados en marzo, os responsables da Nasa aproveitaron para presentar a súa última aposta, “RedeNasa.tv. Xesús Ron, director artístico, asegura que se trata "dunha prolongación da Sala Nasa” que permitirá ver na rede máis de 600 horas de gravacións de espectáculos realizados neste espazo alternativo. Canda estas gravacións, RedeNasa.tv, presenta tamén entrevistas que van desde a algúns dos artistas que participaron na programación, como aos albaneis que axudaron a construír este espectáculo que está a piques de cumprir vinte anos. Nos vídeos hai desde un sketch dos Chévere parodiando aquela sonada campaña publicitaria de Galicia Calidade, o concerto que deu Paquita la del Barrio en 1983 ata a presentación do espectáculo de Marcel.lí Antúnez, performer, actor e artista visual catalán Marcel.lí Antúnez, membro fundador de La Fura dels Baus. A canle estará operativa ao público desde hoxe, luns 31 de maio.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Sala Nasa, Xesús Ron, Chévere

Claves

Protagonistas
Conceptos