As Bibliotecas Escolares de Galicia e a narradora oral Paula Carballeira están nominadas aos premios Astrid Lindgren, un dos galardóns de literatura infantil máis importantes do mundo, organizado polo goberno sueco en homenaxe á escritora. En total son 263 nominados divididos por paÃses, entre autores, ilustradores e promotores da literatura infantil e xuvenil. Por parte española están designadas cinco candidaturas. Ademáis das dúas galegas, tamén están nominadas as ilustradoras Jacqueline Molnár, Elena Odriozola e o autor Jordi Sierra.