As obras do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense desvelan aínda máis restos medievais

Os achados atópanse en zonas "non documentadas ata o momento"

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

As obras do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense continúan xenerando sorpresas. O Goberno anunciou, a través dunha resposta a Senadores do PP, que a reforma do edificio do Museo (que leva dezasete anos sen abrir) vaise retrasar ata o terceiro trimestre de 2022. Entre os motivos están os achados producidos tralos traballos de demolición na zona do núcleo construtivo orixinal de estilo románico. Son "fundamentalmente ventanais románicos e un arco gótico", especialmente relevante se temos en conta a escaseza de edificios medievais civís que hai en Galicia. Estase a estudar como incorporar os novos achados, en "zonas non documentadas ata o momento" dentro do proxecto de rehabilitación que está a levar a cabo o Estado. Cando este remate, fará entrega da instalación á Xunta de Galicia.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Tesouros que fican no mar

Tesouros que fican no mar

Os achados en Rande e Corcubión consolidan a importancia do noso patrimonio mergullado

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, ARCO, Xunta de Galicia, Arqueoloxía