As investigacións para elaborar un inventario do patrimonio cultural mergullado continuaron este verán nas nosas costas, desta volta prestando atención a dúas zonas especialmente ricas neste tipo de restos. A bahía de Rande e mais a Ría de Corcubión e os arredores de Fisterra, foron peiteadas polos investigadores revelando a localización dalgúns pecios de especial importancia. Os responsables destas pescudas explícannos con vídeos submariños os seus achados, nun momento no que o destino das pezas atopadas está a xerar polémica na comarca de Fisterra.
Na altura de 2006 iniciáronse no noso país os traballos para desenvolver a Carta Arqueolóxica Subacuática de Galicia. A través de acordos co Ministerio de Cultura, cada verán investigadores revisan os nosos fondos mariños con vistas a localizar e identificar os restos que alí descansan. Os traballos arrincaron nos fondos do Parque Nacional Illas Atlánticas e mais pola zona de Fisterra, unha das máis importantes a nivel de número de pecios afundidos no noso país. Nesta últimar temporada, un equipo ao cargo de Javier Luaces abordou a exploración dos fondos da Bahía de Rande, en Vigo, mentres Miguel San Claudio foi o responsable de liderar a investigación dos fondos da Ría de Corcubión.
Localizar, non extraer
En primeiro lugar, debe ficar claro que as exploracións que se están a desenvolver nas nosas rías non son escavacións arqueolóxicas propiamente ditas. Segundo explica miguel Miguel San Claudio nós non estamos para escavar nin para recuperar materiais. O noso traballo e ubicar e situar os naufraxios que son visibles. Hai partes soterradas e non sabemos o que pode haber aí, sinala. Deste xeito, os restos arqueolóxicos que están a xurdir destas campañas son escasos en comparanza co que fica no fondo do mar. Segundo sinala San Claudio, Cómpre proceder á extracción dalgúns elementos porque poden verse afectados pola acción mecánica do mar, a degradación química ou o expolio. Deste xeito, o traballo actual é unha base, fundamental, para abordar no futuro as verdadeiras escavacións e a recuperación de restos patrimoniais importantes.
A voz dos mariñeiros
De cara a localizar un restos que non deixan pegadas de ningún tipo na superficie do mar, os arqueólogos recorren á tecnoloxía. Empregamos sonografías ou medimos as variacións magnéticas que produce o metal, explica San Claudio, que no entanto destaca que os métodos máis tradicionais son os que dan mellores resultados. O que mellor funciona é a pesquisa etnográfica. Os pescadores e mergulladores de cada zona que levan traballando alí desde hai xeracións coñecen mellor que ninguén os fondos do contorno. Aínda que hai tamén indefinicións, e xente que che di que atopou canóns ou que viu barcos que logo non están, son as fontes máis rendibles que atopamos, asegura. A partir de todos estes datos fixamos uns puntos de interese nos que pensamos que pode haber algo, e logo ímolos comprobando un a un. Con estes traballos coñecemos tamén mellor os fondos mariños do Cabo Fisterra e o que se atopa neles. Para nós todos os restos son de interese, aínda que os nosos obxectivos son os restos materiais que teñen máis de cen anos, que son os que a UNESCO considera Patrimonio Cultural, explica San Claudio. A cantidade de navigación que ten pasado ao longo dos séculos pola zona de Fisterra deixou, como non, restos abondo de todas as épocas.
Os barcos de Padilla
Nesta campaña de 2011 destaca especialmente a localización de dous novos pecios pertencentes a barcos da flota de Martín de Padilla, situados a só sete metros de profundidade na Ría de Corcubión. Trátase dos restos dunha expedición que en 1596 transportaba soldados españois ás Illas Británicas, con vistas a apoiar unha insurrección irlandesa. Parte da flota acabou nos fondos de Fisterra por mor do mal tempo, e agora acaban de se localizar os restos de dous deles. Os barcos de Martín de Padilla teñen un grande interese para coñecermos a historia da navegación en Europa, explica San Claudio. Os barcos desta época son os que marcaron a pauta para o desenvolvemento da navegación en Europa. Dos galeóns atlánticos españois, pensados para levar mercadorías e combatir naceron todos os barcos europoeos ata a aparición do vapor. Coñecer como se construían é fundamental, e aídna nunca se esavou un desta época. Con estes restos podemos dispor de datos fundamentais para a investigación da construción naval que non apareceron en ningunha outra parte.
Os restos
Canda a isto, os restos localizados achegan tamén unha importante riqueza patrimonial. Estes barcos transportaban toda a impedimenta dun exército. Atopamos desde os lingotes de chumbo que empregaban para fundir a munición ata artillería, equipos médicos, espadas, arcabuces ou unha vaixela de peltre, lembra. Iso si, seguindo os obxectivos da investigación, a maior parte deste material continúa na Ría de Corcubión. Recuperamos a xeringa para practicar lavativa e algúns pratos de peltre. Outros, que estaban soterrados ou soldados á rocha, quedaron alí. Tampouco retiramos armamento, aínda que había pezas de artillerías, espadas e arcabuces pola zona, explica San Claudio.
Os tesouros dos vapores
Canda a eles, localizáronse os restos de dous vapores ingleses que naufragaron a finais do século XIX. Somos os primeiros en traballar sore eles, están entre 50 e 55 metros e nunca ninguén baixara aí. Están enteiros, aínda que afectados pola acción do mar e desapareceu boa parte do casco e dos mamparos. No interior poden verse as máquinas de vapor, as caldeiras e todo o equipamento do barco sinala San Claudio. Ten un grande interese patrimonial, e podería tirarse un importante rendimento deles, pero non teñen tanto peso científico. No caso destes buques, todo o material quedou no lugar onde estaba. Son barcos afundidos a moita profundidade e é difícil que sufran expolios. Non había nada que correse un grande risco de desaparecer ou se degradar sinala San Claudio. E iso que neste caso localizáronse elementos de valor como xoias, moedas, pedras semipreciosnas ou cairos de elefante que eran transportados desde África.
A polémica
A importancia e a espectacularidade dos achados están a xerar unha acendida polémica entre os veciños da comarca. Os escasos restos extraídos desta campaña vanse depositar no Museo do Mar de Vigo, centro de referencia da arqueolóxica da arqueoloxía subacuática no noso país. No entanto, voces como a Asociación Neria, que agrupa diferentes concellos da Costa da Morte, a confraría de Fisterra, ou alcaldes como os de Corcubión ou Cee, reclaman que as descubertas fiquen nesta zona, considerando que poden supor un importante atractivo turístico. Para isto, ofertan espazos como o Museo da Pesca de Fisterra, ou o faro situado no cabo do mesmo nome ou o Museo Seno de Corcubión. En principio, non debería haber problemas para que os restos que poidan xurdir de futuras investigacións queden na zona, xa que o argumento de proximidade é prioritario no texto legal que regula esta cuestións . En concreto, o decreto que regula a actividade arqueolóxica no noso país (199/1997, do 10 de xullo) establece que os achados deberán ser depositados, nos prazos establecidos neste decreto, no museo que a Administración designe na concesión da autorización, tendo en conta a súa proximidade ao lugar do achado e as circunstancias que fagan posible a súa adecuada conservación e a mellor función cultural e científica. Malia a que os obxectos recuperados desta volta vaian para o Museo do Mar, non é descartable que no futuro se poidan trasladar a centros axeitados nas proximidades de Fisterra.
Rande, como non
A outra grande investigación do verán foi a que se desenvoleu en Rande baixo a dirección de Javier Luaces e que deu na localización de seis novos pecios. Do mesmo xeito que nos estudos que se desenvolveron en Fisterra o que estamos a facer é tentar localizar exactamente onde está cada un dos barcos. Na actualidade, e como froito e diferentes campañas de investigación, sábese da localización de entre e 11 dos galeóns que se afundiron nesta zona en 1702. As fontes falan de mais de 30 afundidos, aínda quedan uns 17 ou 20 por localizar. No caso da Ría de Vigo, os sedimentos do fondo dificulta en boa medida a investigación, xa que os mínimos movementos provocan nubes de pó que impiden a visión. Algúns dos restos están bastante enterrados. Noutros vense restos das madeiras ou as pedras que levaban de rastre nas adegas. En xeral, semella que se conservan bastante ben, especialmente os restos que están máis cubertos. Balas de canón, fragmentos de estruturas Canda aos míticos galeóns, o equipo de Luaces atopou tamén restos máis modernos, que poden mesmo ocultar baixo eles algún outro resto anterior. Destes achados non se chegou a recuperar material ningún. Luaces asegura que non son partidario de recuperar restos ata que haxa unha infraestrutura estable que permita a súa conservación. Agás nos casos nos que haxa risco de alteración ou de accións furtivas, penso que deben ficar onde se atopan.
O potencial
Pendentes aínda das campañas que se desenvolven entre este mes de setembro e outubro nas Rías de Ribadeo e Viveiro, estes últimos achados demostran a importancia e o potencial do patrimonio mergullado que existse no noso país. E a preocupación que amosan os veciños da Costa da Morte polo seu hipotético traslado revela tamén unha crecente preocupación por uns bens que ata hai ben pouco eran descoñecidos e ficaban á mercé de expoliadores. Segundo adianta Luaces está demostrado que hai moito material para investigar. Debería haber unha aposta forte, mesmo máis do que a actual, por parte das administracións para poder seguir investigando. Ao tempo hai unha grande resposta e interese social, e isto debería ir acompañado dun maior investimento. Pola súa banda, San Claudio insiste no potencial turístico que supón este tipo de bens para o noso país. Trátase dun patrimonio orixinal. Poucos lugares teñen cousas así, e iso fai que a súa rendibilización sexa máis factible e rendible do que competir con outras cousas. Por exemplo, megálitos hainos por toda Europa, pero restos coma estes non. Existen iniciativas ao respecto e hai un grande interese por parte do público xeral. Sería unha aposta intelixente volcar máis esforzos para que se investigue e recupere, conclúe. De certo que na comarca de Fisterra están xa convencidos.