O Ministerio de Cultura licita a rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense

O investimento de 12 millóns de euros pretende facilitar a apertura do centro en 2022

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Sala do Museo Arqueolóxico de Ourense. Fonte: Ministerio de Cultura

Sala do Museo Arqueolóxico de Ourense. Fonte: Ministerio de Cultura

Logo de dezasete anos fechada, a sede do Museo Arqueolóxico de Ourense iniciará en 2019 as súas demoradas obras de rehabilitación. O Ministerio de Cultura publicaba onte na plataforma de contratación pública do Estado as bases para licitar estes traballos cun orzamento de 12.246.860 euros e un prazo de execución de 30 meses. As intervencións, segundo o proxecto elaborado por Alejandro Virseda, Ignacio Vila, José Jaraíz e Arbau Arquitectos, prevé crear unha sala de exposicións temporais e unha galería cuberta, mellorar a accesibilidade do recinto, cubrir un patio e instalar instalacións técnicas na actual zona do arquivo entre outras medidas. A intención do ministerio é que o centro poida abrir as súas portas en 2022. O anuncio chega poucos meses despois de o Concello de Ourense ter concedido a licenza de obra para estas instalacións.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Arqueolóxico de Ourense, Ministerio de Cultura, Galería, Exposicións...