O Museo Etnolóxico de Ribadavia ampliará as súas instalacións

O Ministerio de Cultura inviste 825.000 euros para recuperar un edificio anexo ao centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Alzado da ampliación do Museo Etnolóxico. Fonte: Ministerio de Cultura

Alzado da ampliación do Museo Etnolóxico. Fonte: Ministerio de Cultura

A rehabilitación dun edificio anexo permitirá que o Museo Etnolóxico de Ribadavia amplíe as súas instalacións. O Subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, daba a coñecer este 1 de xullo o proxecto, que ten xa as obras adxudicadas cun orzamento de 825.000 euros e está pendente da licenza municipal para comezar os traballos.

O proxecto que o Ministerio de Cultura licitou o pasado mes de abril prevé rehabilitar unha antiga vivenda unifamiliar anexa ao Museo para habilitar un baixo e tres andares que se incorporarán as instalacións do centro. O Entolóxico é un museo de titularidade estatal aínda que na actualidade está xestionado pola Xunta. Ata o momento contaba cunha superficie total de 1.075 metros cadrados dos cales 665 se dedicaban a exposicións.

As novas instalacións, que inclúen unha zona axardinada, albergarán un obradoiro de fotografía e documental, unha zona de traballo, despachos de administración e dirección e mais unha sala de xuntanzas. En total, a superficie do centro sumará 391,43 metros cadrados, dos que 192,27 serán de superficie útil.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Etnolóxico de Ribadavia, Ministerio de Cultura, Ourense, Exposicións...